Esta mañá o museo centro Gaiás acolleu o acto de recoñecemento á Rede de Centros CIGUS, integrado por 10 centros das tres universidades galegas. Esta rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia está conformado por 1.600 investigadores e é un referente de excelencia científica en Galicia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou na gala a súa importancia e agradeceu a súa contribución á hora de construír unha Galicia “potente e de calidade” que é referente no I+D+i.
OS CENTROS DA REDE CIGUS SUMAN 1.600 INVESTIGADORES E CAPTARON 180 MILLÓNS DE EUROS PARA GALICIA


