O Concello de Boiro celebrou o I Encontro do tecido Cultural Boirense, unha xuntanza para poñer en valor o traballo das entidades, asociacións culturias e comisións de festas. Serviu ademais para propoñer unha programación conxunta que inclúa as propostas de todas estas entidades.
O encontro pretende dar a coñecer estas agrupacións co obxectivo de crear sinerxias positivas de traballo entre eles e fomentar a colaboración de cara a unha programación global.
No evento participaron máis de 40 colectivos entre entidades culturais, asociacións veciñais, comisións de festas ou grupos. Todos eles proveñen de diferentes puntos do municipio, o que segundo a concelleira de Cultura enriquece a programación que se poida ofrecer nun futuro.