OS problemas de turbidez no suministro municipal de auga en Noia levaban tempo sendo unha queixa constante dos veciños. Dende o Goberno municipal optaron por atallar estes inconvenientes remodelando a depuradora e a ETAP da localidade.
Na primeira delas, situada en Barro, estase traballando sobre os compoñentes interiores de tratamento de augas residuais. Vense tamén afectados os elementos da cuberta, o que reforza a estrutura do inmoble.

