Achégase a fin de semana, o que é sinónimo de deporte. O voleibol estará presente unha vez máis aínda que nesta ocasión o Rotogal xoga lonxe da Cachada. O equipo dirixido dende o banco por Adrián Alves visita a pista do Palencia 2026, un rival que intentará poñer as cousas difíciles na cancha xa que é o último clasificado da Superliga 2.