Unha vez máis o complexo deportivo da Fieiteira abriu as súas portas para acoller a terceira proba do programa Xogade na modalidade de campo a través. Preto de mil alumnos encheron esta mañá a instalación deportiva ribeirense nunha proba que se tivo que reprogramar dúas veces polo mal tempo.
MIL ALUMNOS DE POBRA, RIANXO, ROIS, PADRÓN E DODRO DÉRONSE CITA EN RIBEIRA NO CROS DE XOGADE


