Nunha gala na que se deron cita unhas 300 persoas a Secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, gabou ao piragüismo como “patrimonio de Galicia e deporte nacional galego”.
A Gala foi organizada pola Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) para entregar os premios da tempada 2016. Alí, a máxima responsable do deporte galego a nivel autonómico apostou por unha liña de colaboración e coordinación entre todos os actores do tecido deportivo galego para que sigan mellorando os números que demostran o “crecemento e proxección” do piragüismo.
https://www.youtube.com/watch?v=6kJOkC29kEc




