Ribeira inaugurou hoxe unha nova exposición artística no Centro Cultural Lustres Rivas. Trátrase dunha selección de obras participantes no XVIII Premio Internacional Jesús Núñez, entre as que se atopan a gañadora e dous áccesit.
O premio é xa un referente a nivel nacional e mesmo internacional gracias entre outras cousas ao apoio da Deputación da Coruña ao longo destes dezaoito anos. Chega agora a Ribeira durante dúas semanas.

