O Concello de Riveira informa da apertura do prazo de presentación de ofertas para a contratación dunha actuación múltiple destinada á mellora do pavimento en 19 viais ou tramos de vial do municipio.
O proxecto técnico elaborado contempla un orzamento de licitación de 99.999,99 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses. Os interesados poden presentar as súas propostas entre hoxe e o próximo 24 de xaneiro.
O obxecto que se persegue con esta iniciativa reside en mellorar o firme actual con reposición ou novas pavimentacións asfálticas de aglomerado en quente nas zonas da actuación, incluíndo a limpeza de marxes, acondicionamento da superficie a pavimentar (incluíndo rasanteo, nivelación e compactación), aplicación dunha capa de zahorra artificial, outra de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor e recrecido de tapas e acondicionamento.
https://www.youtube.com/watch?v=UFyZsu03wIU