BODEGÓN CASTELAO I EL RINCÓN DEL CHOCOLATE, gañadores dos concursos de decoración hostaleira e escaparatismo de nadal

Concello e Asociación de Empresarios de Riveira procederon este mediodía ao escrutinio dos dous concursos promovidos durante este Nadal. O establecemento El Rincón del Chocolate resultou gañador do Concurso de Escaparatismo con 446 votos; en tanto que Bodegón Castelao venceu no Concurso de Decoración Hostaleira con 401 votos.
O acto celebrado no Centro Cultural Lustres Rivas serviu tamén para dar a coñecer o número gañador dunha cea para 2 persoas nun restaurante de Riveira entre todos aqueles que votaron nos certames. Foi o 0984.

https://www.youtube.com/watch?v=HEVpvGPqaFQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.