jueves, septiembre 21, 2023

AROUSA-REVOLUTRION TRAIL SERIES

O vindeiro domingo día 22/1/2017 ás 23:59 h. péchase o prazo para incribirse no Circuito de Trails organizado por Arousa NeO e patrocinado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e a tenda deportiva Revolutrion, entre outros. De momento xa hai 102 para o circuito, formado por 4 probas, o Trail da Cidá en Ribeira (29/1/2017) – Trail de San Isidro na Pobra do Caramiñal (19/2/2017) – Trail de Bealo en Boiro (5/3/2017) – Trail de Castro Barbudo en Rianxo (26/3/2017) – Ultratrail do Barbanza (30/04/2017)

As primeiras catro probas serán as puntuables e determinarán o campión do circuito, mentras que o Ultratrail do Barbanza será un “premio” para todos os inscritos donde podrán disfrutar de calquera das tres distancias que conforman esta última proba e que recorre toda a serra do Barbanza (20, 35 ou 60 km.).
Os inscritos no circuito teñen unha clasificación independiente da xeral da proba, así coma uns trofeos, premios, e obsequios por inscribirse ao circuito completo: camiseta conmemorativa do circuito e camiseta finalista, así coma agasallos que os patrocinadores nos van facendo chegar.

Para inscribirse individualmente a cada proba ainda permanecerá aberto o prazo de inscrición para o Trail da Cidá ata o vindeiro xoves día 26 (ata as 23:59 h), namentras que para o Trail de San Isidro xa está aberta a inscrición dende o pasado día 2/1/2017.

O número de corredores que optaron por inscribirse para o Trail da Cida independientemente do participar no resto das probas ascende a 112.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.