Ribeira

FERIDO UN CONDUTOR NUN APARATOSO ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO BARBANZA.

Aparatoso accidente na autovía do Barbanza. Un condutor de 34 anos que se dirixía a Ribeira protagonizou unha saída de vía do máis surrealista. Preto das dez da mañá o seu turismo impactou contra a mediana de formigón e saiu despedido cara o arcén dereito da estrada, rematando o coche en sentido perpendicular á calzada.

Ao lugar acoderon os Bombeiros de Boiro, que tiveron que auxiliar ao home para saír do automóbil, queixándose de fortes dores na perna esquerda e no brazo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.