O Boiro Voleibol non saca o pé do acelerador e segue avanzando na Superliga 2 encadeando vitoria tras vitoria. A terceira seguida chegou nesta xornada 14 na que unha vez máis os pupilos de Adrián Alves tomaron A Cachada para superar ao seu rival, nesta ocasión o Galdakao Boleibol Taldea, nun encontro no que os locais volveron a ser unha máquina engraxada, aínda que cuns momentos irregulares que non lles impediron vencer por 3-0.