O salón de plenos da casa consistorial da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde de onte a sesión plenaria ordinaria do mes de xaneiro. Nela debatéronse 10 puntos, ademais de abordarse a quenda de rogos e preguntas. Unha das primeiras cuestións en debaterse foi o cambio da hora das sesións que pasarán a ser ás 12.00 horas logo do voto favorable de Nós Pobra, BNG, PSOE e VIxP. Tamén se debateu a proposta do Goberno municipal para participar no Plan de Obras e Servizos da Deputación.

