A sesión plenaria da Pobra contou coa presenza de varios pais e nais de alumnos do EEI Fernández Varela que acudiron para formular unha pregunta ao Goberno municipal. As cuestións, feitas polo voceiro popular Manuel Durán, eran claras: saber de quen parte a iniciativa de pechar o centro educativo, se a totalidade das familias e do equipo docente están de acordo con esta decisión ou se había unha petición por escrito solicitando o peche do colexio. A primeira en responder foi a concelleira nacionalista, Amparo Cerecedo, encargada da área de Educación.

