Avanza o ano e con el vaise achegando a data de apertura de novas campañas no sector do mar. No caso da confraría de Aguiño ven cada vez máis cerca o inicio da extracción do ourizo, campaña que comparten con Ribeira. Onte o sector marisqueiro aguiñense mantivo unha xuntanza para coñecer os detalles do plan de explotación desta especie.