Icono del sitio CanalBarbanza.com

E OUTRO DOS CONCELLOS QUE APROBARÁ AS DESTINACIÓNS DO POS ESTA SEMANA SERÁ OUTES

Outes levará mañá a pleno a aprobación do uso dos fondos do POS da Deputación. Irán destinados a cubrir gastos correntes e a intervención de mellora nas estradas municipais, no rural e no ámbito deportivo.

O Plan complementario destinarase a catro investimentos en todo o concello. As parroquias de Cando e Lantarón verán mellorado o seu estado con pequenas intervencións no interior destes lugares.

No núcleo urbano da Serra de Outes a rúa do Cristo verá mellorado o seu firme.

Salir de la versión móvil