Arousa Norte está a ultimar o deseño das accións de promoción turística que se desenvolverán a vindeira semana na capital de España onde terá lugar a 37ª edición de Fitur. Deste xeito, Arousa Norte prevé realizar un acto específico dirixido ao sector profesional, representado por tourperadores e prescriptores nacionais e internacionais, e aos influencer actuais con maior repercusión nas redes sociais. Ademais, a proposta de Arousa Norte terá como público obxectivo unha boa parte dos touroperadores e axencias xestores do turismo xaponés, xa que este destino galego cumpre moitos dos requisitos do turista nipón.
Así, segundo a planificación coa que traballa Arousa Norte, o martes,17 de xaneiro, desenvolverase, no Furancho Galician Food, a presentación da oferta turística e gastronómica baixo o nome de Territorio Arousa Norte. Alí daranse cita desde representantes de entidades turísticas coma Traveller Tour Operator, Expedia, Pangea The Travel Store, entre outros.
https://www.youtube.com/watch?v=rTfpo0ti3J8