O produto estrela noiés, o berberecho, remonta números na campaña. Cun inicio marcado pola presencia de toxina e baixas cifra de recollida, dende a confaría aseguran levar semanas remontando a situación.
Aínda que no pósito non tiñan moitas esperanzas en mellorar a campaña, admiten que a fortuna desta vez caiu do seu lado grazas ao nordés e á alta presencia de plancton na auga.
Asegura o patrón maior que a confraría valorará abrir de novo a campaña nas vindeiras semanas para mantela ata Semana Santa.


