Facía anos que o Concello de Ribeira non contaba cunha pista de xeo e neste 2024 esta atracción regresou da man da Asociación de Empresarios e do Grupo Fercosti. Esta instalación chegou con moito entusiasmo entre os promotores e a veciñanza e este domingo pechou logo dun mes e medio de patinaxe e diversión. Os impulsores fan un balance positivo da volta da pista de xeo ao municipio.