Deportes

A EFM CONCELLO DE BOIRO SUMA OUTRA GOLEADA PARA SEGUIR NA LOITA POLA PRIMEIRA POSICIÓN

O inicio da segunda volta da Primeira División Galega Arzúa Ulloa deixa en Boiro as mesmas sensacións que a fin da primeira. 1 a 12 foi o resultado co que as boiristas volveron de Valdoviño logo de golear ao Escuela Amistade, colista da categoría.

O encontro serviu para dar minutos ás menos habituais na EFM Concello de Boiro, pero nin as rotacións frearon a sangría goleadora. O resultado ao descanso era xa de 1 a 5. A principal protagonista do partido foi Antía González, con seis goles anotados. A ella séguena Gabriela González e Carla Campaña, ambas con dous tantos, e Beatriz Vila e Laura Alejo, cun gol cada unha.

A falta de acerto na definición e as paradas da gardarredes local evitaron unha goleada maior.

Estes tres puntos serven á EFM Concello de Boiro para manterse na loita polo liderado. Ocupan a terceira posición con 41 puntos, empatadas co Orzán, as segundas, e a só un punto do filial de As Celtas, líderes da categoría.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.