Deportes

A II BANDEIRA MECALSA FOI PARA CABO DA CRUZ

Este sábado o remo regresou para protagonizar a actividade deportiva na Pobra do Caramiñal. O Club Remo Puebla repúxose ás perdas que tivo o pasado 5 de xaneiro da súa sede e de todo o material de competición e adestramentos, pasto do lume, e organizaron a súa primeira regata deste 2025. A II Bandeira Mecalsa, correspondente á Liga Galega de Bateis da zona Norte, trouxo a unha decena de equipos que competiron nas diferentes categorías para ver cal era a mellor nas augas pobrenses. No caso do Puebla non luciu o seu verde habitual nas embarcacións xa que grazas á xenerosidade dos clubs os remeiros locais puideron competir cos bateis prestados por Cabo da Cruz, Ribeira, Rianxo, Noia, Esteiro, Tirán, Meira, Coruxo, Virxe da Guía, Chapela, Mera e Ares.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.