O BNG de A Pobra do Caramiñal pide ó concello que esixa é empresa Urbaser, concesionaria da recollida do lixo e da limpeza das rúas, que cumpra coas labores de limpeza de contedores e das rúas, que se recollen no prego de condicións do contrato. Esta solicitude, que os nacionalistas presentarán no concello, prodúcese a raíz das queixas recollidas entre a veciñanza dando conta dos malos olores que se están a producir en varias zonas do municipio, ó parecer pola falta de limpeza dos contedores.
https://www.youtube.com/watch?v=56dpkpF0bhk