Ribeira contará neste 2025 coa segunda edición dos cursos que a Concellería de Novas Tecnoloxías desenvolve da man da Fundación Cibervoluntarios e co Ministerio de Dereitos Sociais. Trátase dunha formación pensada para as persoas maiores, para que aprendan a manexar apps dos móbiles. Desenvolverase en nas parroquias do municipio, oito cursos que duran dúas xornadas.