O final da primeira volta contou cun partido de alto voltaxe na Primeira División Feminina Arzúa Ulloa. O EFM Concello de Boiro visitaba o campo do Orzán, ata esta xornada líder invicto da categoría. As coruñesas coñeceron a derrota no derradeiro encontro da primeira volta xa que as boirenses asaltaron o Torre N2 para levarse tres importantes puntos ao impoñerse por 2-4.