Coas Obras Do Castro De Baroña Rematadas Oujo Propón Un Paquete Vacacional Para Os Turistas Que Inclue Actividades No Náutico E Visitas Guiadas

Tras unhas semanas de duro traballo, a actuación para restaurar o tramo de muralla do castro de Baroña que se esborrallou o pasado inverno rematou o pasado día 3 de outubro.

Para reparar os danos causados polas choivas do inverno pasado, os arqueólogos desmontaron por completo a parte da muralla caída e volveron levantala respectando a forma de construción castrexa. A actuación, cun custo de algo máis de 18.000 euros, financiouna integramente o Concello de Porto do Son. Tratouse dunha intervención urxente ante o perigo de que, coa chegada do mal tempo, o derrube fóra a máis.
http://youtu.be/LRN4vNjVUdg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.