O Noia Portus Apostoli recibiu o sábado a visita do Palma Futsal nun duelo que se antollaba clave para os brancos e do que estiveron a punto de levarse os tres puntos. O Agustín Mourís viviu unha auténtica batalla sobre o seu parqué que finalmente rematou en táboas. 3-3 que estivo a un paso de ser a primeira vitoria dos noieses da temporada ante os baleares, que tiraron de calidade para sacar un punto de Noia.