Deportes

MALOS RESULTADOS PARA OS EQUIPOS DO BARBANZA NA TERCEIRA RFEF.

O CF Noia viu este domingo como deixaron ir dous puntos no Julio Mato ante o Betanzos, últimos clasificados. O feudo noiés é un seguro de vida dos brancos, onde nin os equipos máis fortes da liga foron quen de impoérse aos de Iván Carril. Esta xornada recibiron ao Betanzos nun encontro que para o adestrador do Noia non sería tan doado como semellaba.

O encontro comezou de cara para os locais, que malia sufrir dúas chegadas rivais nos primeiros compases, no minuto 7 viron como os visitantes quedaban cun home menos no campo trala expulsión de Carneiro por unha entrada sobre Iker Carril sendo o último home.

Cun home máis os noieses foron incapaces de xerar perigo e inquedar as redes betanceiras. Axel e Marcelo tiveron as máis claras do primeiro tempo, pero non foron quen de materializar as ocasións. O segundo acto comezou con dúas chegadas do Betanzos, que tampouco atoparon premio.

Os cambios de Iván Carril non mudaron a dinámica do partido. O Noia controlaba e o Betanzos agardaba recuperar a posesión para lanzar unha contra. Continuaron tendo ocasións os locais, pero sen revestir demasiada inquedanza para o meta rival. O pitido final confirmou o reparto de puntos que sitúa ao Noia como sexto clasificado con 28 puntos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.