A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá o importante esforzo realizado polo sector lácteo galego nos últimos tempos e a súa decidida aposta pola unión para ser un eido reforzado e competitivo. Así o subliñou durante a súa visita ás instalacións que ten a nova Cooperativas Lácteas Unidas (Clun) no concello lugués de Ribadeo.
Acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a conselleira puxo esta nova cooperativa de segundo grao -que botou a andar a principios de mes- como exemplo de futuro, ao apostar polo asociacionismo e a diversificación de actividades. Unha unión, engadiu, que cada vez cobra máis forza en Galicia posto que, a día de hoxe, o 24,2% dos gandeiros galegos xa están unidos a través de distintas fórmulas (Sociedades Civís, Sociedades Agrarias de Transformación, Sociedades Limitadas, Sociedades Anónimas, comunidades de bens ou cooperativas) e reúnen o 55,2% da produción.
A conselleira de medio rural ángeles vázquez destaca o gran esforzo feito polo sector lácteo galego e a súa aposta pola unión para ser máis competitivo.
Please login to join discussion