Os representantes de Plademar saíron satisfeitos da xuntanza que esta mañá mantiveron con representantes do concello de Noia e da Confraría de pescadores, na que se abordaron entre outras cousas a mellora da comercialización do berberecho ou a posible contaminación da ria pola explotación mineira , unha preocupación que comparten coa confraría. Dende Plademar afirman que se ve interese en mellorar a situación do marisqueo tanto por parte da confraría como dos representantes políticos.
https://www.youtube.com/watch?v=BtEP6X41m4I