O menor saía do colexio correndo e cruzando a estrada por diante de un autobús que estaba parado, nese intre un vehículo que circulaba a altura do autobús atropelou o rapaz, sen poder evitalo. O suceso tiña lugar a 14:00 O vehículo pasoulle por riba das pernas causándolle a rotura de varios osos. Un equipo sanitario de Urxencias Médicas trasladou ao neno nunha ambulancia ao hospital da Barbanza.
O 112 Galicia informou sobre o acontecido aos Bombeiros de Boiro e Protección Civil. A Policía Local tamén foi posta en coñecemento do atropelo.
https://www.youtube.com/watch?v=KTYLaNGH59g