Os veciños da Ribeiriña amencen cada día coa incerteza de se as augas da ría de Arousa estarán novamente contaminadas con vertidos procedentes da antiga fábrica de Hadasa ou dos seus arredores. E esta mañá unha mancha máis grande do habitual estaba presente enfronte das instalacións abandonadas, algo que denunciaron unha vez máis os veciños.
UN NOVO VERTIDO CONTAMINA AS AUGAS DA RIBEIRIÑA Á ALTURA DA ANTIGA FÁBRICA DE HADASA


