Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONSELLEIRO DO MAR VISITA A LONXA DE MUROS PARA REVISAR OS INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS PORTUARIOS

A lonxa de Muros recibiu hoxe a visita do conselleiro do Mar para observar de preto a execución dos investimentos realizados na instalación grazas ás axudas do goberno galego. Destinadas á modernización das infraestruturas e equipamentos portuarios, as actuacións consistiron na adquisición dunha carretilla elevadora, unha nova máquina de xeo, novos equipos
de pesaxe, mesas e palets para a clasificación e exposición do produto e unha fregadora aspiradora.

No caso de Muros o importe supera os 340 mil euros nunha acción que para o executivo autonómico son fundamentais para axudar á confraría.

Salir de la versión móvil