Muros pon fin á espera polo pago do canon da empresa concesionaria da auga. Levaban dende o 2016 sen recibir o importe, que inclúe as anualidades do 2020 ao 2023.
Tanto Muros como Carnota levaban nove anos sen cobralo, e agora os muradáns veñen de percibir máis de 200 mil euros que serán empregados para cubrir necesidades veciñais. Unha boa nova que recibiron no concello.

