Os colexios de farmacéuticos de Galicia e a Consellería de Sanidade veñen de asinar un acordo para a posta en marcha dunha rede pioneira de 70 farmacias sentinela para anticipar a evolución da gripe a partir da venda de test de antíxenos e medicamentos.
Sinala o conselleiro de Sanidade que as 70 farmacias achegarán semanalmente datos sobre a venda destes produtos, o que será de gran valor para mellorar o control da enfermidade, integrando información adicional que axudará a dar unha resposta máis áxil e eficaz.

