A décimo segunda xornada da Terceira RFEF serve ao Boiro para escalar unha posición na táboa. O empate colleitado a domicilio ante o Arosa serve aos de Cardeñosa para subir ata a décimo segunda posición e afastarse do descenso. Outra das boas novas do encontro foi a estrea do recén chegado Diego rodríguez, incorporado dende o Bergantiños para apuntalar a defensa boirista.
Comezou ben o Boiro, que xa aos dous minutos se conseguiu adiantar cunha cacholada de Dani Pedrosa ao saque dun córner. As ocasións non deixaron de sucederse para os visitantes, que viron como en todos os seus intentos a fortuna caia do outro lado, privándoos de aumentar a renda goleadora.
A intensa choiva na Lomba fixo que o balón parado se convertira en protagonista. Aó o Boiro foi quen de xerar ocasións de perigo, pero nin Álex Rey nin Sylla foron quen de materializar as chegadas á meta contraria.
A igualada do Arosa chegaría na segunda parte, cando Alex Comparada anotou o penalti cometido por Nieto. Os locais comezaron a gañar forza, ao tempo que os de Cardeñosa concedían cada vez máis. Os últimos minutos do encontro consistiron nun asedio constante á portería de Borja Rey, que foi capaz de repeler todos e cada un dos intentos locais.
O 1 a 1 serve ao Boiro para situarse como décimo segundos con 17 puntos, dous por enriba do descenso. O seguinte rival será outro equipo da zona media alta, o Gran Peña, que recirá aos boiristas este domingo no municipal de Barreiro.