Deputación Da Coruña

A Diputación da Coruña “radiografía” o tráfico da rede provincial de estradas

O goberno provincial vén de sacar a licitación este servizo, para o que serán necesarias un mínimo de 18 estacións móbiles que realizarán durante este ano un total de 800 aforos dunha semana de duración, e que suporá investimento de 179.685 euros.
Ademáis do reconto do número de vehículos que transitan a diario por cada un dos tramos analizados, o aforamento das estradas permitirá coñecer a distribución horaria do tráfico, o sentido da circulación, os tipos de vehículos que circulan por cada estrada e as súas velocidades medias.
Esta campaña de medición e análise do tráfico enmárcase dentro dunha serie de medidas que implementará durante 2017 o departamento de Vías e Obras da Deputación para mellorar e actualizar os sistemas de control e xestión das estradas, entre as que se inclúe a contratación dunha nova aplicación informática que permitirá a visualización en 3D de calquera tramo das 413 viais provinciais.
O programa, actualmente en fase de licitación por importe de 292.820 euros, funcionará de xeito análogo ao Street View de Google, permitindo aos enxeñeiros comprobar o estado e situación de cada unha das estradas. Esta nova aplicación permitirá ademáis incorporar todos os datos do catálogo provincial, como a sinistralidade, o estado de conservación ou os datos de transito de vehículos que se obteñan na campaña de aforamento.

https://www.youtube.com/watch?v=YN5Pi9Fz1H0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.