A tasa de aforro nos fogares descendeu no último trimestre do ano en comparación co 2015, caendo ó 1,8 % da renda dispoñible. Un punto por debaixo da tasa de aforro do último trimestre do 2015, que era do 2,8% da renda dispoñible. Este ano os fogares aforraron tan so 2.859 millóns de euros no último trimestre do ano, cando o no mesmo período do 2015 o aforro foi de 4.423 millóns de euros.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á posta en servizo da Vía de Altas Prestacións Celeiro-San Cibrao como unha oportunidade para transformar a comarca, converténdoa nun lugar mellor para vivir e para traballar. Así mesmo, destacou a incidencia positiva que supón para o principal polo industrial da comarca, que é a factoría de Alcoa, no concello de Cervo.
Cun investimento de 50 millóns de euros, Feijóo afirmou que se trata dunha infraestrutura necesaria, agardada e fundamental para a vertebración e a competitividade da Mariña lucense, incidindo en que os condutores que cada día percorren a distancia entre Celeiro e San Cibrao, entre os concellos de Viveiro e Cervo, disporán dunha alternativa máis segura, máis cómoda e máis rápida para facelo.

https://www.youtube.com/watch?v=-kpPdR1XVqw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.