A chuvia non arrefriou os ánimos dos veciños de Aguiño que un venres máis se concentraron ante o centro de saúde para reclamar que se dote do persoal médico necesario para atender aos pacientes. Séguense a recoller firmas para presentar ante a Consellería de Sanidade e xa van máis de 1.500 e hoxe máis xente se sumou a esta petición.