Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA HABILITARÁ TRES SENDAS EN PORTO DO SON NAS QUE INVESTIRÁ 1,5 MILLÓNS DE EUROS

Porto do Son contará con tres novas sendas seguras para os peóns ao longo da estrada autonómica AC-550. Así o confirmou esta mañá a conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, no municipio sonense ao dar a coñecer estas actuacións que contarán cun investimento de 1,5 millóns de euros e están incluídas na nova fase do Plan de Sendas de Galicia.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil