Esta mañá o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou a residencia de Tempo Libre de Panxón, na que pasan as festas 140 maiores. Fíxoo acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, e nese escenario o presidente da Xunta salientou o éxito do programa Xuntos polo Nadal, que este ano permite que 270 persoas maiores que viven soas desfruten destas datas acompañadas.
O PRESIDENTE DA XUNTA VÉN DE DESTACAR O ÉXITO DO PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”


