O presidente da Xunta visitou hoxe o Banco de Alimentos Rías Altas, dende onde destacou a importancia destas entidades na loita contra a desigualdade social e como un exemplo de solidariedade do pobo galego.
Salientou así a labor dos máis de dous mil voluntarios cos que conta a organización, sumado aos colaboradores que traballan para que milleiros de familias galegas teñan acceso a bens de primeira necesidade.

