O sorteo de Nadal de cada 22 de decembro é unha das datas máis agardadas do ano. As administracións de Lotería atenden durante meses a numerosas persoas que buscan números e terminacións concretas para ter a mellor das sortes.
Agora, a menos de dous días de que os nenos de San Ildefonso comecen a sacar os números, en moitos destes establecementos non hai xa certos números. Califican este 2024 de boa campaña.