A aposta por novos métodos pedagóxicos gaña forza na escola infantil de Ribeira. Favorecen así a creatividade e experimentación dos alumnos con materiais de refugallo que as educadoras do centro convertiron en espazos de xogo. Aquí os nenos celebraron a festa de Nadal.
O proxecto nace como iniciativa dunhas das educadoras do lugar, e para levalo a cabo contouse con axuda económica do Concello de Ribeira.

