A campaña do bocarte segue aínda en veda coa súa pesca prohibida. Polo momento todo parece augurar que as capturas serán boas chegado o momento. Por iso, e para favorecer a todos por igual, os armadores piden respectar a normativa en canto ao seu reparto.
Dende Portosín recordan unha reunión mantida entre os armadores do Atlántico Norte e Cantábrico hai dous anos, onde saiu a votación este reparto. Ao saír gañadora a opción de levalo a cabo, piden agora cumprir a lei.

