Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS ALUMNOS DO CEIP SANTA BAIA CONECTAN CON PAPÁ NOEL

A aula Cemit de Boiro conectou hoxe cun destino do máis peculiar, Laponia. Do lado galego, os alumnos do CEIP Santa Baia, do finés, Papá Noel, disposto a escoitar as peticións e desexos dos cativos para o Nadal.

No acto estivo presente o conselleiro de Facenda, que destacou a importancia de promover este tipo de actividades para que os pequenos teñan os seus primeiros contactos coas novas tecnoloxías.

Salir de la versión móvil