16.6 C
Chicago
2 octubre, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA SUBVENCIONARÁ CON 800.000 EUROS O GASTO DE PERSOAL DAS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS NO 2025

As oficinas de turismo dos concellos da provincia da Coruña veranse beneficiadas no 2025 cunha liña de axudas de 800.000 euros. Irá destinada a municipios de menos de 50.000 habitantes e servirá para financiar os gastos de persoal. Os beneficiarios recibirán entre 10.000 e 20.000 euros, sempre o cen por cento do importe solicitado.

No caso dos municipios de menos de 10.000 habitantes que non dispoñan de áreas de Turismo nin persoal asignado a esta xestión, ou que non conten con infraestruturas de aloxamentos, pero que conten con espazos, bens ou outros recursos capaces de xerar dinámicas positicas para o turismo, poderán solicitar a subvención mediante a agrupación de polo menos tres concellos limítrofes.

Serán obxecto de subvención neste programa os postos de traballo que estean desempeñados por persoal funcionario ou laboral fixo ou temporal, pero tamén a contratación externa do servizo.

O prazo para presentar solicitudes abranguirá dende o 19 de decembro ata o 16 de xaneiro do 2025.

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS EN ARXENTINA REXEITAN LIMITAR OS DEREITOS DOS DESCENDENTES DA INMIGRACIÓN

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA ESTE ANO 2,24 MILLÓNS DE EUROS A 19 ENTIDADES TURÍSTICAS DA PROVINCIA

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS DE BOAS PRÁCTICAS EN SERVIZOS SOCIAIS

CloudyX