Icono del sitio CanalBarbanza.com

A DXT INICIA A CAMPAÑA DE CONTROL E VIXILANCIA DO CONSUMO DE ALCOL E DROGAS AO VOLANTE EN GALICIA

A DXT dá por iniciada a capaña de vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas ao volante previa ao Nadal. Entenderase ata o domingo 22 e con ella pretenden concienciar sobre o consumo destas substancias, presentes nun terzo dos accidentes mortais como factor concorrente ou causante.

A campaña terá unha especial incidencia nas zonas de turismo e de ocio relacionadas co Nadal, moias delas de ámbit ourbano, polo que promoverá a implicación dos concellos das súas policías locais.

Na mesma campaña realizada entre o 11 e o 17 de decembro do 2023, controláronse case 29 mil condutores, resultando positivos 597, dos cales 373 foron en alcol e 224 en drogas.

Ata o mes de outubro deste ano, a Garda Civil xa fixo en Galicia máis de 600.000 probas de alcolemia con 9.070 positivos e 8.271 probas de consumo de drogas con 4.602 positivos.

Este consumo de alcol ao volante ten consecuencias como o aumento no tempo de reacción, a subestimación da velocidade, problemas de visión ou de coordinación. Por iso, esta campaña insiste en que a única taxa realmente segura é 0,0.

Salir de la versión móvil