Icono del sitio CanalBarbanza.com

CONGALSA INICIA A CAMPAÑA DE NADAL CARGADA DE CREATIVIDADE E SOLIDARIEDADE

Congalsa principia as celebracións navideñas cun completo programa de actividades deseñadas para fomentar a creatividade, a solidariedade e o espírito festivo entre os traballadores e as súas familias.

Xa celebraron a entrega de premios do tradicional concurso de postais, dirixido a nenos e xóvenes vinculados á empresa familiarmente e que nesta edición contou con case un cento de obras. O xurado, formado por voluntarios do Proxecto Persoas de Congalsa, premiou as obras de Noa Barreiro de 4 anos, Carolina Comesaña de 8, e Elina Santos de 14. as postas, creadas con técnica libre, serán empregadas como parabéns oficiais da compañía.

En canto ao concurso de decoración, enfocado aos profesionais da empresa, valorouse especialmente o uso de materiais reciclados. Na segunda edición deste certame a gañadora foi Mary Rego, que recibiu unha tarxeta regalo como premio.

O premios entregounos o presidnete de Congalsa, Luis Miguel Simarro, e a continuación os asistentes realizaron un percorrido polas instalacións da compañía para coñecer o traballo que alí se realiza.

O compoñente solidario desta campaña estase vendo coa recollida de xoguetes, aberta ata o 20 de decembro. Serán entregados a entidades sociais que apoian a colectivos desfavorecidos e familias en risco de exclusión social.

Para pechar o Nadal, Congalsa celebra o 20 de decembro a tradicional cea, na que se reunirá toda a plantilla e que este ano se celebrará no pavillón deportivo Torres Colomer de Palmeira.

Salir de la versión móvil