Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS RÚAS DE SANTIAGO CLAMAN CONTRA ALTRI. A MANIFESTACIÓN NA CONTRA DA CELULOSA ORGANIZADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA DE AROUSA E DA PLATAFORMA ULLOA VIVA CONGREGOU A MILES DE PERSOAS NA CAPITAL GALEGA.

Baixo o lema “A Xunta non pode calar todo un país. Altri Non” milleiros de persoas acudiron a Santiago de Compostela para protestar contra a instalación da empresa celulosa en Palas de Rei.

Dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro os manifestantes berraron proclamas contra o goberno galego e Altri acusándoos de querer rematar co río Ulla, e as comarcas ao seu paso, ao que sumaría a Ría de Arousa.

O presidente da PDRA non perdeu a cita, facendo fincapé en que esta data marcará un antes e un despois. Tamén asistiu a presidenta de Ulloa Viva, que afirmou que o proxecto vai contra a maioría social de Galicia.

Salir de la versión móvil