Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CONFRARÍA DE NOIA INSTA Á ADMINISTRACIÓN A AXILIZAR O PROCESO DE BALEIRADO DOS ENCOROS

As riadas e a baixada de salinidade nas augas das rías galegas son unha constante cada ano. A de Muros Noia non escapa deste problema, por iso dende a confraría de Noia instan ao goberno galego a establecer un protocolo para o baleirado de encoros.

O patrón maior noiés fai un chamamento así a protexer o marisqueo da ría ante a baixada de salinidade cada ano. Especies como o berberecho son fundamentais para este pósito, polo que Santiago Cruz apura a Xunta e a Naturgy, empresa responsable do encoro do Tambre, a chegar a entendemento.

Salir de la versión móvil